xoves, 28 feb 2019
O alcalde asinou este xoves un convenio coa Fundación Telefónica para que o céntrico museo vigués acolla algunhas das mostras itinerantes da entidade. Segundo confirmou Abel Caballero, a primeira será "Destacados. Colección Telefónica", por primeira vez en Galicia, con máis de 150 obras en papel, pintura e escultura que debullan unha panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da arte do século vinte.
luns, 25 feb 2019
O alcalde anunciou o seu nomeamento logo da reunión do Padroado da Fundación, celebrada este luns en Vigo, e destacou que é a "primeira vez" que se elixe ao director do MARCO a través dun concurso público con "expertos de recoñecido prestixio internacional e independentes".
venres, 22 feb 2019
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este venres na inauguración da exposición que conforma a terceira mostra do ciclo Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega.
venres, 15 feb 2019
Abel Caballero achegouse este venres ata a escultura ao autor de Nantes, onde case que medio centenar de alumnos do Colexio Losada participaron na actividade municipal "Vigo le a Verne", en colaboración con distintas editoriais. O obxectivo é facilitar o coñecemento da obra de Verne e a súa relación coa cidade, en particular o capítulo adicado a Vigo en "20.000 leguas baixo dos mares".
luns, 11 feb 2019
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este luns na presentación do certame fotográfico, cuxa mostra xa está exposta na primeira planta da Casa das Artes e entregará este venres os seus premios. A organización subliñou o incremento de participación de fotógrafos da área de Vigo.
luns, 28 xan 2019
Vigo xa ten enfocado o proceso que lle permitirá contar cunha Biblioteca do Estado nun edificio emblemático e singular. Segundo avanzou o rexedor, técnicos do Ministerio de Cultura coñecerán hoxe luns as diferentes posibilidades do espazo, unha parcela municipal situada na rúa Lalín.
venres, 25 xan 2019
No transcurso do acto de inauguración, o alcalde puxo en valor a creatividade do artista, que comezou a súa traxectoria no ano 1968 e que ten levado a súa obra por Francia, Alemaña, Cuba ou Austria. A mostra de Antón Sobral pode visitarse desde hoxe nas dependencias de Alcaldía, nunha nova edición do programa municipal que permite achegar a arte á cidadanía fóra dos circuítos tradicionais, ao igual que ocorre coa arte na rúa, tal e como apuntou Abel Caballero.
luns, 21 xan 2019
Hoxe celébrase a primeira reunión da comisión técnica de valoración das candidaturas presentadas ao concurso público convocado polo Concello para elixir á persoa que dirixirá o MARCO de Vigo.
luns, 21 xan 2019
O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración co Concello e a Universidade, celebrará desde este xoves e ata o 12 de decembro a segunda edición do ciclo de conferencias do Fórum IEV. A cita será mensual desde este xoves e ata o 12 de decembro.
martes, 15 xan 2019
O Concello programa espectáculos de rúa, monicreques, teatro, comedia, danza, maxia e circo para todos os públicos durante os vindeiros meses. O Auditorio Municipal acolle as funcións, entre as que destacan tres estreas de creación viguesa e o programa especial 3X3 de microteatro.