O alcalde pedirá ao ministro de Cultura a recuperación do proxecto da Biblioteca do Estado

martes, 18 set 2018

O rexedor trasladará mañá mércores ao ministro de Cultura a necesidade de recuperar o proxecto de Biblioteca do Estado que o anterior goberno eliminou dos orzamentos xerais. Consciente de que este proceso vai levar un tempo, Caballero insistiu en que é o momento para iniciar un diálogo que remate permitindo construír esta dotación cultural nos terreos que o Concello expropiou para a Cidade da Xustiza.