luns, 21 mai 2018
O goberno de Vigo adxudicou provisionalmente as obras. O goberno de Abel Caballero conta cun orzamento de medio millón de euros para as medianeiras, actividades culturais e obradoiros, explicou o alcalde, quen avanzou que, de cara ao outono, o goberno local prevé actuar sobre outros 17 centros educativos.
mércores, 16 mai 2018
A Alameda de Bouzas será unha vez máis o lugar onde Vigo renderá homenaxe ás Letras Galegas, este xoves 17 de maio. Nesta ocasión será o escritor Antonio García Teijeiro o encargado de ler o pregón.
mércores, 16 mai 2018
Desde o xoves ata o domingo, a rede museística municipal amplía os seus horarios, o MARCO incrementa as visitas guiadas á exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación" e o Museo Liste acolle o venres a actividade "Furbolibro de Tía Ni", visitas guiadas e unha mostra comentada polo Día Internacional dos Museos.
martes, 15 mai 2018
Por primeira vez, Mostrarte alberga unha exposición de ilustracións, unha disciplina artísticas que goza de moi boa saúde xa que pasou de ser un mero complemento dun texto a ter unha forza expresiva á altura de calquera outra rama artística consolidada.Durante a inauguración, o alcalde felicitou aos seis artistas que estes días exhibirán as súas obras en dependencias da Alcaldía.
luns, 14 mai 2018
O evento celebrarase do 24 ao 26 de maio en distintos espazos da cidade e reúne as artes plásticas, a ilustración, a música e a danza contemporáneas
luns, 14 mai 2018
Abel Caballero deu conta esta mañá dun programa de visitas de escolares ao MARCO para gozar da mostra Jules Verne: Os límites da imaxinación. Ata mediados de xuño serán uns 1.600 alumnos de 30 centros diferentes os que coñezan de cerca os vínculos desta cidade co autor francés.
xoves, 10 mai 2018
Vigo será este sábado o epicentro da danza en Galicia co encontro "Vigo Danza", no que máis de 300 bailaríns de 21 centros oficiais da cidade realizarán unha gran exhibición no Auditorio Mar de Vigo.
mércores, 9 mai 2018
O alcalde presentou este mércores o evento xunto ao presidente da Federación de Bandas, Enrique Lorenzo. Ata o 8 de xullo, con entrada de balde, as nove bandas de Vigo actuarán tanto espazos abertos da cidade como en asociacións veciñais e culturais.
martes, 8 mai 2018
A alcalde achegouse ao parque de Castrelos para saudar os 725 alumnos de diferentes centros de Vigo que participaban na V edición da Quedada literaria. Un ano máis, o obxectivo é estimular aos máis cativos a ler en galego.
venres, 4 mai 2018
Abel Caballero e máis a filla do artista, Elena Colmeiro, inauguraron esta mañá na Pinacoteca "A nova colección Colmeiro" que permanecerá aberta ata o próximo 30 de setembro. A mostra está formada polos 21 óleos e as 145 obras sobre papel que integran o legado cedido ao Concello polos herdeiros do artista.