O alcalde destaca a importancia de Sanjurjo Badía na historia industrial da cidade de Vigo

venres, 10 ago 2018

Abel Caballero asistiu este venres ao Museo do Mar de Vigo para participar na celebración do 120 aniversario da construción do submarino de Sanjurjo. O alcalde destacou a importancia do inventor na historia industrial da cidade, así como a continuidade do legado que asumiron as seguintes xeracións da familia. No acto estiveron presentes preto de 200 descendentes de Sanjurjo.

Raphael chega a Castrelos con todas as entradas vendidas

xoves, 2 ago 2018

O programa "Vigo en Festas" do Concello de Vigo reserva para este xoves as 23h a gran actuación de Raphael no Auditorio de Castrelos, con todo o papel vendido. Para facilitar a mobilidade dos espectadores, o goberno vigués pecha ao tráfico desde as tres da tarde o vial que cruza o parque.

O MARCO ofrece con METRÓPOLE unha visión retrospectiva do panorama artístico galego

venres, 6 xul 2018

O alcalde resaltou esta mañá que Vigo foi pioneira a principio do século XX en asumir unha revolución da creatividade, unha forma diferente de entender a arte a través da cinematografía. Na presentación desta visión do panorama artístico actual, Caballero felicitou aos responsables da mostra, ao comisario e ao "excepcional" escultor que protagoniza a primeira das exposicións.