Escoitar

Vigo inaugura unha escultura en Samil ideada como “punto selfie” coas Cíes de fondo

O alcalde e a presidenta da Deputación estrearon este martes o conxunto escultórico bautizado como “Cíes/Vigo”, un banco de pedra -emprazado na zona verde que antes ocupaba “As Dornas”- con forma de nécora pensado para fotografarse co arquipélago no horizonte.

martes, 1 set 2020
Abel Caballero e Carmela Silva, posando cos autores do conxunto escultórico
Abel Caballero e Carmela Silva, posando cos autores do conxunto escultórico

No acto, Abel Caballero puxo en valor a cooperación da Deputación de Pontevedra coa cidade, representado este martes no conxunto escultórico doado e creado na Escola provincial de Canteiros, das mans de Rodrigo García e Bruno Comesaña, que tamén tomaron parte na inauguración.

Trátase dunha escultura funcional e minimalista, realizada a partir de dous bloques de granito de catro toneladas cada un e as súas dimensións totais alcanzan os oito metros de largo e case que dous de alto. Coa nécora e as súas pinzas, o autor busca transmitir a forza e a cultura dunha cidade de mar.

O traballo está emprazado e concibido para converterse nun novo “punto selfie” da cidade, neste caso das illas Cíes, que aparecen no horizonte. “Eu creo que vaise converter en referencial, nun lugar referente de selfies”, asegurou o alcalde.

Abel Caballero e Carmela Silva, posando cos autores do conxunto escultórico
Descargar todas as imaxes