venres, 4 setembro 2020

Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 55% no mes de agosto

venres, 4 set 2020

O dato foi comunicado este venres polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen valorou unha cifra que, sendo lóxicamente inferior á de anos anteriores, non supón unha caída tan pronunciada como a experimentada noutras localidades. “Dados os tempos que corren, non é unha mala ocupación”, asegurou.