Escoitar

Abel Caballero felicita aos 170 participantes no VII Certame de Relatos Vigo Histórico

Abel Caballero transmitiu esta mañá os seus parabéns aos 170 autores e autoras que participaron coa súa creatividade no VII Certame de Relatos Vigo Histórico. Nesta ocasión, o gañador foi un texto de Miguel Cuervo Pérez titulado El fabuloso tonto triste.

martes, 6 out 2020

O alcalde participou esta mañá na rolda de prensa organizada para dar a coñecer a resolución do VII Certame de Relatos Vigo Histórico. Comezou a súa intervención felicitando a Javier Romero, responsable da Editorial Elvira, por promover este concurso e proseguiu dándolle as grazas aos membros do xurado “que teñen a difícil tarefa de elixir”. En todo caso, a súa “principal felicitación” quixo que fora para os 170 participantes neste concurso aos que animou a seguir escribindo con ilusión. Nesta rolda de prensa, tamén estiveron presentes o editor Javier Romero e Jacobo Buceta, membro do xurado e responsable de ler a resolución. O gañador recibirá un premio de mil euros, mentres que o segundo premio terá 500 euros e os 4 accésits, 200 euros cada un.

O relato El fabuloso tonto triste, de Miguel Cuervo Pérez foi o gañador desta sétima edición cunha obra chea de humor e intelixencia, salpicada por unha crítica sutil presente ao longo de todo relato. Miguel Cuervo é xa coñecido neste concurso porque o año pasado gañou un accésit con Memorias casi póstumas de un detective idiota. O segundo premiado foi Hopper en el Vitrubia, de Eduardo Fernán-López, no que nos conta a historia dun neno esquizofrénico, usando como gancho o cadro de Hopper na xanela.

No Certame de Relatos Vigo Histórico o tema é libre pero hai unha esixencia fundamental: Vigo ten que ter un papel protagonista nos relatos presentados. O confinamento dominou e ocupou o concurso, con numerosos escritos nos que se facía referencia á situación que nos tocou vivir de marzo a xuño, e tamén puido apreciarse no ton dos relatos, un pouco más escuros e tristes do habitual.

Dentro dun par de meses, aproximadamente, e se nada o impide, realizarase o acto de entrega dos premios e a presentación do libro Relatos na Rúa VII, no que aparecerán publicados os relatos premiados e unha ampla escolleita dentro dos presentados. Como xa sabedes, dende hai uns anos, Editorial Elvira colabora coa Fundación Igual Arte, de xeito que se lle fai entrega a esta institución dun euro por cada libro vendido.

 

Descargar todas as imaxes