luns, 5 outubro 2020

Caballero: “A mobilización dos remanentes significa 2,5 puntos de crecemento do PIB e do emprego”

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP anunciou que esta tarde, no marco da CNAL, coñecerase o grao de cumprimento de débeda pública, regra de gasto e estabilidade orzamentaria dos gobernos locais. Para Caballero, a presenza da FEMP na próxima Conferencia de Presidentes Autonómicos, co presidente do Goberno e a presidenta da Comisión, “significa que as entidades locais van estar presentes nos fondos europeos”.

O rexedor traslada o seu apoio aos profesionais do Centro Comercial Coia 4 logo do incendio

luns, 5 out 2020

Abel Caballero achegouse esta mañá ao Centro Comercial Coia 4 para trasladar o “apoio e solidariedade” da cidade aos profesionais dunhas instalacións que o xoves pasado sufriron unha pequena explosión nun cuarto de contadores. A pesares de que os bombeiros actuaron con eficiencia e rapidez, rexistráronse danos e moito fume polo que o alcalde quixo interesarse en primeira persoa pola situación na que se atopa un colectivo de comerciantes que foi nomeado Vigués Distinguido en 2018.