Escoitar

O Concello deu cobertura e apoio a 26 rodaxes en Vigo en 2020 e recibiu este xaneiro outras catro peticións

A cidade de Vigo xa é unha das preferidas polas produtoras para a rodaxe de películas, cortos e spots. O demostran as 26 peticións autorizadas en 2020 polo Concello para filmar nas rúas de Vigo e as catro recibidas ata o de agora neste 2021. “Promovemos e cooperamos porque xeran emprego e gasto no comercio e a hostalería local”, dixo o alcalde.

mércores, 3 feb 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de que as rúas da cidade acolleron o pasado ano un total de 26 rodaxes e no que vai de ano o Concello xa recibiu outras catro peticións por parte de produtoras. “A través da Vigo Film Office, integrada na Vigo Convention Bureau, promovemos e cooperamos coas produtoras para que traballen en Vigo, porque xeran emprego e gasto tanto no comercio como a hostalería”, sinalou o rexedor durante a rolda de prensa.

O Concello apoiou durante o ano 2020 un total de 26 producións con servizos de seguridade, tráfico, transporte, limpeza, parques ou Policía, entre outros. O balance sinala o afianzamento de Vigo como espazo de referencia en Galicia para a produción de contidos audiovisuais. Ademais de consolidar a importancia de Vigo como escenario seguro para rodaxes, esta actividade pon en valor tamén á industria local e reverte un impacto económico importante en conceptos como persoal e figurantes, hoteis, vestiario, equipo e persoal técnico, hostalería, transporte, loxística, equipamentos, etc.

Este mes de xaneiro o Concello recibiu catro peticións e xa están en marcha a rodaxe da segunda temporada da serie Auga Seca- Portocabo e Zulu. Ademais, recibíronse nos últimos días as solicitudes para o spot do tenista vigués Martín de la Puente e a rodaxe de “As cores do cine”, da Escola de Audiovisuais de Vigo.

Ao longo do 2020 rodáronse as curtametraxes “Bajo presión”, de Daniel Iglesias (IES Audiovisual); “La memoria de las ballenas”, de Alejandro Vargas (IES Audiovisual); “Lingua sen boca”, de María Buceta (IES Audiovisual); “A madrugada”, de Nicole Alexandra (D’Vinci Producciones); “Sin cobertura”, de Lucía Fuentes (IES Audiovisual), e “Alumeando a miseria”, de Sara Carballo (IES Audiovisual).

Tamén o pasado ano Vigo foi escenario das longametraxes ”Live is life”, de Dani de la Torre (Productora 4 Cats), e “Cautivo”, de María José García; así como dos programas de televisión “Un país mágico” (La 2. Backstage Producciones), “Miña familia pola túa” (TVG. DLO Producciones), “Xeración nós” (TVG), “Os cantos rolados” (TVG. Productora Casa de Tolos) e “Aquí hay debate” (IES Audiovisual).

En cato as series de televisión rodáronse oito capítulos de “Un asunto privado” (Bambú Producciones para Amazon) e os documentales “Peixe fora d’Agua” (Juanjo Ordorika), “El encanto de Din Matamoro” (Óscar Camba. IES Audiovisual), “Autocontrol” (Diego Pampín. IES Audiovisual), “Arena” (María Rodríguez. IES Audiovisual), “Tatuarte” (Eduardo Senín. IES Audiovisual) e “Golden Boy” (Xulián García. IES Audiovisual).

Por último, Vigo tamén serviu como plató para os videoclips “Abierto en vena”, do grupo Taburete, e “Hallo Christmas”, de Carlota Crey. En canto a publicidade rodouse o anuncio de Generali por parte da Productora Elemental Chefs.