Escoitar

Caballero: “Imos a reconstruír a historia e duplicar as zonas verdes de Vigo”

O alcalde de Vigo anunciou este martes que o goberno local duplicará as zonas verdes da cidade grazas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que está en tramitación. Con motivo do Día Mundial dos Humidais o rexedor visitou o parque da Bouza e destacou a importancia das zonas humidas do municipio.

martes, 2 feb 2021
Abel Caballero e Nuria Rodríguez, este martes na Bouza.
Abel Caballero e Nuria Rodríguez, este martes na Bouza.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes o parque da Bouza con motivo do Día Mundial dos Humidais e avanzou que grazas ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) o municipio duplicará as súas zonas verdes e chegará ata os 3,5 millóns de metros cadrados.

“Estamos en proceso de duplicar as zonas verdes e recompoñer todos os humidais da cidade, é a reconstrución da historia, é a nosa homenaxe no Día dos Humidais”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Caballero destacou que no borrador do Plan Xeral que está en tramitación xa está incluído o desenrolo medioambiental de grandes zonas verdes do municipio, con oito parque novos (de 6 a 14), toda a beira do Lagares converterase nun parque lineal, a mellora da Avenida de Europa cunha grande zona entre Samil, Alcabre e Navia de 50.000 m², a conexión verde Calvario – Lagares e Gran Vía – Lagares e a recuperación da duna móbil de Samil e O Vao.

Tamén indicou que o ano pasado o Concello levou a cabo accións de acondicionamento, renovación e limpeza nos humidais de Barreiro e A Bouza, onde recuperáronse as pozas dos patos.

O municipio de Vigo conta con diversas zonas húmidas de auga doce, que ocupan máis de 200.000 m2. As máis representativas son as da Bouza (3.721 m2), Muíños (10.600 m2) e Barreiro (2.776 m2), que están en terreos públicos e foron obxecto de traballos de recuperación nos últimos anos.

Ademais, tamén existen zonas protexidas en Goberna (35.700 m2), O Vao (137.557 m2) e Fontes-Pertegueiras (15.000 m2), que están en espazos privados. Entre todas acollen unha importante biodiversidade que é parte do patrimonio natural do Concello de Vigo.

Descargar todas as imaxes