venres, 5 feb 2021
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de comunicar ao Concello de Vigo unha sentenza que desestima un recurso interposto contra o instrumento de ordenación provisional aprobado polo Pleno do 24 de xullo de 2019.
venres, 5 feb 2021
O Concello modificou o contrato para intensificar as tarefas de desinfección nas piscinas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, para o que prevé adicar ata 76.000 euros máis. Abel Caballero insistiu en que debería custealo a Xunta, “que recibiu ducias de millóns do Goberno de España para estas funcións”.
venres, 5 feb 2021
A Sala Segunda do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso contra a sentenza que validou en decembro de 2019 a decisión do Concello de adicar as praias de A Foz e A Calzoa a zonas de esparexemento canino.
venres, 5 feb 2021
A administración que preside Abel Caballero cubrirá quince vacantes no corpo de extinción, doce de quenda libre e tres de promoción interna. Con protocolo Covid, optan 408 candidatos das que 18 son mulleres, logo de que o Concello, por primeira vez, adaptara os requisitos das probas físicas para facilitar a súa incorporación.
venres, 5 feb 2021
O alcalde mantivo esta mañá un encontro protocolario co novo delegado de Defensa en Pontevedra, Miguel Constantino Cortés Calvo. Durante o encontro, Abel Caballero felicitouno polo seu nomeamento e a súa brillante traxectoria profesional.