Escoitar

As obras da grada de Marcador e das butacas de Río comezarán en marzo

O alcalde avanzou este xoves que a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o contrato de coordinación de seguridade e saúde para as obras de reforma da grada de Marcados. A reforma comezará en marzo e o prazo de execución da obra é de 18 meses.

xoves, 4 feb 2021
O alcalde, este xoves en rolda de prensa
O alcalde, este xoves en rolda de prensa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves de que a Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a adxudicación final para empezar a obra da grada de Marcador e os asentos da grada de Río. O contrato aprobado ten un importe de 144.000 euros e está destinado á coordinación de seguridade e saúde, paso previo obrigatorio para o inicio da reforma.

Segundo explicou o rexedor, a adxudicación ten tres semanas de prazos para os recursos que contempla a lei, polo que a primeiros de marzo está previsto que se inicie a obra de reforma de Marcador e a dos asentos de Río.

A Mesa de Contratación do Concello xa adxudicou en outubro pasado a contratación da reforma cun orzamento base de 16.650.000 euros. O financiamento ao 50% do Concello e da Deputación de Pontevedra distribúese en tres anualidades: en 2020: 5.880.000 euros, en 2021: 7.225.000 euros e en 2022: 3.545.000 euros. O prazo de execución da obra é de 18 meses e a previsión municipal é poder adxudicala no mes de novembro, salvo imponderables ou recursos.

A nova grada de Marcador contará con 6.418 butacas: 2.791 en marcador alto e 3.977 en marcador baixo. En canto á iluminación, demoleranse as torres exteriores actuais redistribuíndose os 60 focos existentes nas zonas novas dispoñibles.

No relativo ás actuacións que se realizarán, derrubarase a cuberta da grada para construír a nova, adaptaranse os espazos interiores destinados a circulación, aseos, usos propios do estadio, das instalacións e da zona comercial. No subsolo, executarase un semisoto a 5 metros; nos accesos a través da zona porticada inclúense escaleiras e oito ascensores e acometeranse actuacións nas plantas baixa, primeira, segunda, terceira e cuarta.

Ademais, a obra inclúe o cambio de butacas en Río Baixo onde, tal e como se acordou coas peñas do Celta, será retirará unha de cada cinco filas da grada, gañando entre 15 e 18 centímetros entre cada fila de butacas, ofrecendo maior comodidade.

 

Descargar todas as imaxes