O Concello liquida en 7,6 millóns a concesión de dous aparcamentos realizada en 2007
O Concello vese na obriga de indemnizar con 7,6 millóns á empresa concesionaria dos aparcamentos subterráneos de Jenaro de la Fuente e da Avenida Castelao. Estes párkings foron adxudicados polo goberno do PP seis días antes das eleccións de 2007.
O goberno local fixou en 7,6 millóns a liquidación da antiga concesión dos aparcamentos subterráneos da Avenida Castelao e Jenaro de la Fuente, adxudicados no ano 2007. A Xunta de Goberno local deu luz verde a unha indemnización, obrigada por lei, para compensar un “fiasco” de concesión realizada por el Partido Popular seis días antes das eleccións municipais do ano 2007. A esta compensación hai que engadir outra anterior por un párking previsto en Rosalía de Castro que non foi viable por cuestións arqueolóxicas. “É unha herdanza maldita do PP porque fixeron unha pésima concesión cando xa sabían que ían perder as eleccións”. Esta compensación económica vense sumar a outras ás que tivo que facer fronte o goberno actual, como o Auditorio Mar de Vigo, que supuxo un desembolso de 35 millóns de euros.