O Marco acolle o 6 de marzo unha charla entre Arantza Portabales e Celeste Garrido
O alcalde deu a coñecer este venres que a conversa entre a escritora e a artista é unha das actividades previstas polo Club de Lectura do museo na véspera do Día Internacional da Muller que se concelebra o vindeiro 8 de marzo.
A charla entre a escritora Arantza Portabales e a artista Celeste Garrido desenvolverase o 6 de marzo ás 12:00 horas "poñendo en contacto" a novela "Beleza vermella" e a mostra "Os teus ollos din o que a túa boca cala", que pode visitarse no Marco ata o 4 de abril, tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa.
O Club de lectura do Marco acolle así unha sesión matinal literario-artística respectando tódalas normas de seguridade marcadas pola autoridade sanitaria, que permitirá achegarse á conexión entre o universo creativo da autora e da artista arredor da identidade, cuestión de xénero?
A actividade está dirixida ás persoas participantes do Club de lectura do museo pero será emitida posteriormente na canle de Youtube do Marco.