Escoitar

O alcalde e a ministra de Sanidade coñecen o traballo de Biofabri

Abel Caballero participou este xoves na visita que Carolina Darias, titular de Sanidade, realizou ás instalacións da compañía biofarmacéutica do grupo Zendal no Porriño.

xoves, 25 feb 2021

O rexedor salientou o traballo que desenvolve a empresa que fabrica as vacinas de Novavax contra a Covid-19 nunha mostra da capacidade tecnolóxica “que somos capaces de aplicar desde a grande área de Vigo”.

Amais, Abel Caballero explicou que a FEMP conseguiu, tras unha proposta realizada aos ministerios de Sanidade e Interior, que se estea vacinando desde esta semana ás policías locais e aos bombeiros, que traballan en primeira liña coa cidadanía, ao tempo que se iniciou a vacinación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Caballero propuxo tamén a necesidade de que sexa vacinado o profesorado das escolas infantís, unha idea que foi aceptada no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde celebrado esta semana.

 

Descargar todas as imaxes