Escoitar

O Concello inicia coa consulta pública a tramitación da nova ordenanza de terrazas

O alcalde reunirase a semana que vén con representantes do sector para presentarlles o proxecto de ordenanza previsto polo Concello. A tramitación administrativa da norma comeza cun período de consulta pública de 20 días.

xoves, 25 feb 2021

A Xunta de Goberno abriu hoxe o trámite de consulta pública para a tramitación y aprobación da ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas en Vigo. Esta adecuación normativa chega nun momento “moi importante para a hostalaría á que estamos dispostos a seguir prestando o apoio que o precise”. Así llo trasladará o rexedor a representantes do sector cos que vai manter unha xuntanza a semana que vén na que tamén lles presentará as principais liñas da ordenanza que está a desenvolver o Concello. O alcalde lembrou os 3 millóns de euros en exencións de terrazas cos que o goberno local leva apoiando ao sector desde o ano 2008.