venres, 26 febreiro 2021

O Concello pon en funcionamento a fonte da Praza de Compostela tras a súa rehabilitación

venres, 26 feb 2021

A fonte da Praza da Compostela iluminarase a tarde deste venres (20:00 horas) de novo tras os traballos de rehabilitación feitos durante os últimos tres meses. O alcalde informou de que o Concello investiu case 50.000 euros na mellora dos sistemas de funcionamento. Ademais, tamén sinalou que xa comezaron as medidas correctoras para recuperar unha árbore do parque do Castro que resultou danada coa borrasca “Karim”.

Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón para visibilizar as enfermidades raras

venres, 26 feb 2021

Este domingo, 28 de febreiro, Día mundial das enfermidades raras, o Concello iluminará de verde as fontes da rúa Aragón, segundo expuxo o rexedor, para dar visibilidade a estas doenzas que afectan a "un número importante de persoas en Galicia". O goberno municipal atende así a petición realizada desde a Federación Galega de Enfermidades raras e crónicas (Fegerec)

O alcalde recibe aos ciclistas do club Vigo-Rías Baixas

venres, 26 feb 2021

Abel Caballero recibiu este venres na Praza do Rei ao equipo completo do Club Ciclista Vigo-Rías Baixas, que comezará a nova temporada este mesmo fin de semana en Cantabria. O alcalde animou aos deportistas que dirixe Marcos Serrano ante o arranque dunha campaña ilusionante tras os tres días de concentración na cidade de Vigo.