Escoitar

O Concello pon en funcionamento a fonte da Praza de Compostela tras a súa rehabilitación

A fonte da Praza da Compostela iluminarase a tarde deste venres (20:00 horas) de novo tras os traballos de rehabilitación feitos durante os últimos tres meses. O alcalde informou de que o Concello investiu case 50.000 euros na mellora dos sistemas de funcionamento. Ademais, tamén sinalou que xa comezaron as medidas correctoras para recuperar unha árbore do parque do Castro que resultou danada coa borrasca “Karim”.

venres, 26 feb 2021

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistirá esta tarde (20:00 horas) á posta de marcha da fonte da Praza de Compostela despois da súa rehabilitación durante os últimos tres meses. O rexedor informou en rolda de prensa de que o Concello levou a cabo traballos de mellora por valor de 48.330 euros.

Así, a fonte ten novos sistemas hidráulicos e eléctricos para o seu correcto funcionamento tras desmontar as instalacións hidráulicas, de iluminación e estruturas de soporte en mal estado, a impermeabilización do vaso, a reforma da caldeirería e a válvula de bombeo, con novas tubaxes a medida e a reforma da instalación eléctrica e de control, cunha nova rede de alimentación, novas estruturas de soporte para os novos proxectores.

Ademais, a fonte contará cun novo anemómetro para minimizar as fugas de auga polas rachas de vento, nova rede de colectores e distribuidores hidráulicos no vaso, novas estruturas de soporte do sistema hidráulico, novo sistema de tratamento e depuración da auga, xogo de chorros de auga dinámico, con acompañamento de cambio de colores e novos proxectores LED para iluminación dos chorros. Así, os cambios de colores poderán programarse para días sinalados, como o rosa no Día contra o cancro, azul no Día de Galicia ou vermello e branco na Reconquista.

Árbol “Melaleuca armillaris” no Castro

Ademais, o alcalde tamén informou de que este venres xa comezaron os traballos para recuperar o exemplar de “Melaleuca armillaris”, existente na zona interior amurallada do parque do Castro e catalogado, que resultou danado debido á borrasca “Karim”. Segundo explicou, debido ás fortes rachas de vento, a árbore volteou polo seu propio peso e quedou tumbado e apoiado sobre a súa copa, deixando parte das súas raíces expostas na superficie.

O servizo de Parques e Xardíns iniciou as medidas correctoras in situ para evitar a desecamento das raíces e proceder á poda para descargar peso e evitar fracturas.

Está previsto reincorporar o exemplar cunha grúa para depositar os apoios no tronco que o separe do solo e levantalo para que a árbore quede equilibrada na súa posición definitiva. Tamén van aplicarse tratamentos fitosanitarios e abonos para a mellora do seu estado. Farase seguimento das medidas correctoras con inspeccións periódicas para garantir o as mellores condicións para o seu ciclo vital.