Escoitar

Unha nova plataforma informática reducirá prazos e mellorará a atención social municipal

O alcalde dei conta esta mañá da contratación dunha plataforma para a xestión integral dos expedientes de Benestar Social, unha modernización tecnolóxica que permitirá reducir prazos, trámites e ofertar mellor atención aos usuarios. Esta iniciativa ten un custo de 562.000 euros a executar en dous anos, coa participación de fondos DUSI.

venres, 26 feb 2021
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

A Xunta de Goberno local aprobou onte xoves a contratación dunha plataforma para a xestión integral dos expedientes do servizo de Benestar Social. Co obxectivo de modernizar o sistema, o Concello asume un custo de 562.000 euros, con cooperación dos Fondos DUSI e un prazo de execución de dous anos.

Tal e como detallou o rexedor, esta plataforma permitirá mellorar atención do cidadán; eliminar trámites administrativos presenciais innecesarios; evitar uso de papel e colas; intensificar a colaboración electrónica con outras administracións ou reducir a carga administrativa, entre outras vantaxes.

Cada vez hai máis demanda de servizos sociais, lembrou o rexedor, polo que esta ferramenta facilitará a a coordinación dos seguintes programas municipais: Servizo de axuda no fogar; Infancia e familia; Coidadores de barrio; Teleasistencia; Axudas de emerxencia; Bolsas de comedor; Centro de inclusión social; Centro de información e asesoramento de servizos sociais; Xantar na casa; Avellentamento activo; Bono taxi e Atención a migrantes.

Emprego

O goberno local aprobou o proxecto de obradoiro de emprego Formaweb IV, un programa de emprego xuvenil, que permitirá formar a 16 alumnos durante en materias de “altísima demanda laboral “ como son o desenvolvemento de aplicacións web e os sistemas de xestión da información. O orzamento desta iniciativa elévase aos 400.000 euros.

Instalacións deportivas

Outro dos asuntos que recibiu luz verde foi a adxudicación da contratación dos servizos de apertura, control, manexo de equipamento e peche de instalacións. Cun importe de 1,2 millóns de euros, o contrato -por dous anos -inclúe atención de 15 instalacións deportivas.

 

Descargar todas as imaxes