xoves, 9 mai 2019
En colaboración coa Fundación Telefónica, o céntrico museo vigués ofrecerá desde o 16 de maio a mostra "Destacados. Colección Telefónica", por primeira vez en Galicia, con máis de 150 obras en papel, pintura e escultura que debullan unha panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da arte do século vinte.
xoves, 9 mai 2019
A Xunta de Goberno Local celebrada este xoves aprobou o expediente de contratación dos servizos de atención ao público no Quiñones de León, na Pinacoteca, na Casa das Artes, na Casa Galega da Cultura e no Verbum. O Concello reserva 936.000 euros para os dous anos dun contrato que sae a licitación.
luns, 22 abr 2019
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) e a Biblioteca Neira Vilas celebrarán este martes, 23 de abril, diversas actividades para conmemorar o Día Mundial do Libro. <br />
mércores, 10 abr 2019
Abel Caballero participou este mércores na presentación do VI Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira coa cooperación do Concello. Desde mañá xoves, 11 de abril, e ata o 1 de xullo, aberto o prazo para recibir os orixinais, con Vigo como protagonista e que serán avaliados por un xurado que incorpora ao historiador José Luís Mateo Álvarez.
martes, 9 abr 2019
"En primeira persoa. Cinema artístico galego feito por mulleres", o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 19:00 horas na Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel".
xoves, 4 abr 2019
Este sábado, 6 de abril, comeza a décimo cuarta edición do certame que se celebra nas diferentes igrexas de Vigo.
martes, 2 abr 2019
O MARCO organiza o Curso de Introdución á Fotografía Contemporánea que será impartido no Salón de actos por Vítor Vaqueiro dende o martes 30 de abril ata o 28 de maio, en horario de 19:30 a 21:00 horas. Terá un prezo de 45 euros (40€ para membros da Agrupación Amigos do MARCO e para estudantes). As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto, a través de comunicacion@marcovigo.com .
A entrega dos premios terá lugar o 17 de maio, "Día das Letras Galegas"
martes, 2 abr 2019
O Museo Liste de Vigo convoca o VII Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo con motivo da celabración do Día das Letras Galegas destinado aos estudantes de Educación Primaria e Educación Secudaria Obrigatoria. O prazo de presentación de traballos durará ata o 30 de abril.
luns, 1 abr 2019
A entrega de premios terá lugar o 17 de maio, "Día das Letras Galegas", ás 12:30 na sede do Museo. O prazo da nova convocatoria estará aberto ata o 24 de abril.
luns, 1 abr 2019
A programación esténdese ata o 11 de abril, dentro da variada oferta de concertos, ciclos e actividades que o Festival organiza ata o vindeiro 22 de xuño.