xoves, 4 dec 2003
Mais de dez mil persoas asistiron aos concertos que está a celebrar o festival de Música de Vigo Are More segundo os datos presentados hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Xose Carlos Arias e o director do Festival, Roberto Relova. O festival celebrase ata o próximo día 19 de decembro e desenvolvense baixo o título xenérico "Os mil mares de Vigo".
xoves, 4 dec 2003
"A voz humana" é o título da representación que o ciclo de música Are More programa para o venres, día 5,no cine Fraga Caixa Galicia a partir das 20.30 horas. Ópera nun acto de Francis Poulenc , con libreto de Jean Cocteau e interpretada pola soprano Carmen Gurriarán acompañada ó piano de Francisco de Borja Mariño. Alfonso Romero Mora é o director de escena e iluminación e Adrián Antonio Gasparello é o encargado da escenografía.
mércores, 3 dec 2003
O xoves, 4 de decembro ás 8,30 da noite, vai ter lugar o terceiro concerto do "XVII ciclo de interpretes internacionais" que organiza Xuventudes Musicais de Vigo coa colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo e patrocinado pola Concellería de Cultura. No auditorio "Martín Códax" do Conservatorio actuará o dúo de violoncello e piano formado por Isabel Figueroa Lorenzo (violoncello)e Severino Manuel Ortiz Rey (piano) que interpretarán un programa con obras de Beethoven, Johannes Brahms e Sergei Prokofiev. Entrada será con carácter aberto e gratuito para todos.
martes, 2 dec 2003
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo e o CGAC de Santiago estarán presentes na exposición "Museo de Museos. 25 museos de arte contemporáneo na España da Constitución " que se presenta o día 3 de decembro, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Na presentación estarán Luis Miguel Enciso, presidente da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e os comisarios, Juan Manuel Bonet e Kevin Power, ademáis dos directores dos museos e centros de arte incluidos na mostra.
luns, 1 dec 2003
O cine Fraga CaixaGalicia acolle un novo concerto do ciclo de música clásica ARE MORE que organiza a concellería de Cultura. A partir das 21 horas do día 2 de decembro o concerto estará a cargo da soprano María José Moreno a Massimo Spadano, director, acompañados pola Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia.
xoves, 27 nov 2003
O programa promovido pola Concellería de Cultura Are More continuará o venres, 28 de novembro cunha Noite de Fados que comenzará ás 20:30 horas no Cine Fraga.
venres, 21 nov 2003
O concelleiro de Cultura, Xosé Carlos Arias, presentou a sexta é ultima exposición da serie Malas Artes que desde hoxe día 21 ata o 11 de xaneiro permanecerá aberta na sá Peiraos (Praza da Constitución). Arias, que estivo acompañado polo comisario da serie, Buxán Bran, destacou durante a súa intervención que esta iniciativa permitiu descubrir importantes xóvenes valores ao tempo que convertiu a propia sa Peirao nun referente da programación cultural da cidade.
xoves, 20 nov 2003
Máis de mil seiscentos alumnos de segundo e terceiro ciclo de primaria de vinteseis centros de Vigo disfrutarán o venres día 21 da posta en escea da ópera para nenos Brundibár.
mércores, 19 nov 2003
O grupo italiano La Reverdie ofercerá ás 20:30 horas un concerto na sala Martin Códax. Conservatorio S. de Música de Vigo dentro do programa Are More, impulsado pola Concellería de Cultura.
martes, 18 nov 2003
A soprano María José Montiel, acompañada do pianista Luis de Moura Castro ofrecerán mañá 19 a partir das 21:30 horas un concerto nos Cines Fraga, dentro do programa Are More que impulsa a Concellería de Cultura.