martes, 23 dec 2003
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou o libro que leva por título " Teis : memoria histórica dunha parroquia do litoral (Vigo/Lavadores)" escrito por Juan Miguel González Fernández a iniciativa da Asociación de Veciños de Teis.
xoves, 18 dec 2003
A mezzosoprano Teresa Berganza clausura o ciclo de música ARE-MORE organizado pola Concellería de Cultura e que se desenvolveu desde o mes de outubro. O concerto terá lugar o venres, día 19, ás 20.30 horas , no cine Fraga Caixa Galicia. Berganza estará acompañada de José María Garrardo Rey.
mércores, 17 dec 2003
O xoves ás 20.30 horas e no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo vai ter lugar o quinto concerto do XVII Ciclo de Intérpretes Internacionais organizado por Xuventudes Musicais de Vigo, e patrocinado pola Concellería de Cultura. Actuará o cuarteto de corda "Manuel Palau" que interpretará un programa con obras como Cuarteto de Corda, en Fa maior, Op. 96 (Cuarteto Americano) de Antonin Dvorák e o Cuarteto de Corda, en Re menor, Op Póstumo ( A morte e a Doncela) de Franz Schubert. O concerto será con carácter aberto e gratuíto.
luns, 15 dec 2003
O conxunto "Armoniosi Concerti" protagoniza o concerto do ciclo de música ARE-MORE que terá lugar o martes, día 16, ás 21 horas na Igrexa Concatedral Santa María de Vigo. O concerto co título "Zarambeques" interpreta música española dos séculos XVII e XVIII en torno á guitarra .
xoves, 11 dec 2003
O ciclo de música ARE-MORE ofrece o venres, día 12, un concerto de piano e violín a cargo de Katia e Marielle Labeque e Gautier e Renaud Capuçon. O concerto será ás 20.30 horas no cine Fraga Caixagalicia.
xoves, 11 dec 2003
O Marco inicia o venres unha programación audiovisual sobre os adolescentes. Unha proposta de vídeo e cine sobre a adolescencia, con traballos que deconstruyen desde dentro os tópicos da cultura teen, que se atreven a dar voz ós protagonistas, e onde o tema se aborda desde o interior e sen xuízos de valor.
mércores, 10 dec 2003
O xoves ás 8,30 da noite, vai ter lugar o cuarto concerto do "XVII Ciclo de Intérpretes Internacionais" .Este concerto está patrocinado pola Concellería de Cultura e celebraráse no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo con entrada libre e gratuíta. Organizado por Xuventudes Musicais de Vigo actuará o Quinteto Logos que interpretará o seguinte programa: Quinteto con Piano, Op 44, de Robert Schumann e Quinteto con Piano, Op 57 de Dmitri Schostakovich.
martes, 9 dec 2003
O Gabinete Armónico llevará á Igresia Concatedral Santa María de Vigo ás cantatas inéditas do barroco español dentro da programación do festival de música Are More que organiza a Concellería de Cultura. O concerto será o día 10 de decembro ás 21.00 horas. O gabinete armónico está composto por Mª Luz Álvarez, canto; José Manuel Hernández, violoncello barroco; Manuel Vilas, harpa barroca; Carlos García Bernal, cravo e Jesús Sánchez, arquilaúde e guitarra.
venres, 5 dec 2003
Quince centros de ensino da cidade participarán no programa de actividades de divulgación do museo de Castrelos que terá lugar entre os días 9 e 14 de decembro con nome "Día do Marqués". As actividades queren conmemorar que o 12 de decembro de 1924 o Marques de Alcedo asinaba en París a doazón do seu pazo de Castrelos á cidade de Vigo coa condición , entre outras, de que se adicara a museo.
venres, 5 dec 2003
O Concelleiro de Cultura, Xosé Carlos Arias e a directora do Marco, Carlota Álvarez Basso, presentaron o avance da programación que o Museo de Arte Contemporáneo ten prevista para o vindeiro ano. Exposicións de arte, fotografía, deseño ,vídeo e ilustración de libros infantís centran a idea do programa.A presentación da nova programación tamén serviu para facer balance do ano que remata e que arroxa un balance de visitas ao MARCO de máis de 70 mil persoas. O número global de programas e actividades postos en marcha durante este ano foi de 31.