Escoitar

A Biblioteca Central de Vigo pon en marcha a nova programación de outubro<br /> <br />

Os principais reclamos son as sesións de Cineclube dos xoves e os contos infantiles os sábados pola mañán. Martes, mércores e xoves haberá visitas escolares guiadas.

luns, 4 out 2004
A nova programación de outubro 2004 da Biblioteca Pública Central de Vigo xa está deseñada. Martes, mércores e xoves serán os días reservados ás visitas escolares guiadas, entre as 10 e as 12 da mañán, que deberán concertarse telefónicamente no número 986-229074.

Os mércores haberá cursos de formación de usuarios onde se pretende ensinar ao lector a quitarlle o máximo proveito á biblioteca aprendendo a utilizar os ficheiros, a buscar nos andeis, bibliografía… Este mesmo día, en novo horario de 17 a 18 horas, reunirase o clube de lectura.

Os xoves, na sala de Conferencias e ata completar o aforo, proxectarase unha película correspondente ao Cineclube "Toliños polo cinema". O filme correspondiente comezará ás 18 horas e a relación de títulos deste mes é a seguinte:

Día 7 "Amanecer" de Murnau.
Día 14 "Annie Hall" de Woody Allen.
Día 21 "La última vez que vi Paría" de Richard Brooks.
Día 28 "Matar a un ruiseñor", de Robert Mulligan.

Os sábados ás 11 da mañán, na biblioteca infantil, haberá unha sesión de contos co seguinte programa:

Día 9 "Majo el rinoceronte", de Horacio Elena.
Día 16 "El pirata, la sirena y el rey de los peces".
Día 23 "Luisa quiere ser princesa",de Dörrie.
Día 30 "El pavo que abría y cerraba la cola", de Ana María Machado.