Máis de 11.000 escolares participan na nova campaña de Educación Vial do Concello
A alcaldesa, Corina Porro, presentou unha nova edición da campaña de Educación Vial no CEIP García Barbón. Desde 2001, un total de 37.343 alumnos vigueses de primaria, contando cos 11.159 deste ano, participaron nesta iniciativa municipal que pretende ampliarse tamén aos alumnos de secundaria.