mércores, 6 out 2004
Á presentación da segunda parte da exposición dos fondos do museo acudiron o concelleiro Ignacio López-Chaves e o director do museo, José Ballesta. Este resaltou a gran riqueza que posee a reserva do museo, que vai dende o século XIX ata os nosos días, con gran presencia de autores locais e galegos.
mércores, 6 out 2004
Sita na pranta baixa do edificio 41-Z da rúa Rosalía de Castro, o local conta con 201,70 metros cadrados construídos e cunha terraza de 420 metros. A cesión deste local foi aprobada no Pleno do Concello e será cedida de balde.
mércores, 6 out 2004
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 7 de outubro de 2004, ás 9,30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, para trata-los asuntos da referida relación.