O Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra asinan un convenio para acometer a primeira fase das obras da antiga casa Rectoral de Alcabre
Corina Porro e Rafael Louzán fixeron un repaso das actuacións conxuntas que o organismo provincial está a acometer na cidade. Ademáis da casa Rectoral de Alcabre, destacaron as obras de asfaltado e pavimentación en 20 rúas da cidade, así como en diversos núcleos rurais cunha inversión de 4 millóns de euros.