Escoitar

A Casa das Artes abre mañán a exposición Castrelos Oculto, que recolle 114 obras do fondo artístico do museo

Á presentación da segunda parte da exposición dos fondos do museo acudiron o concelleiro Ignacio López-Chaves e o director do museo, José Ballesta. Este resaltou a gran riqueza que posee a reserva do museo, que vai dende o século XIX ata os nosos días, con gran presencia de autores locais e galegos.

mércores, 6 out 2004
1097067658museo.JPG
O concelleiro Ignacio López-Chaves, xunto co director do Museo Castrelos, José Ballesta, presentaron hoxe a exposición Castrelos Oculto: obras na reserva do Museo municipal de Vigo "Quiñones de León" Parte II, que comeza mañán na Casa das Artes e estará exposta ata o 14 de novembro. Esta é a continuación doutra exposición que tivo lugar en marzo deste mesmo ano co nome de Castrelos Inédito… Parte I, e pon de manifesto a riqueza de obras, tanto en calidade como en cantidade, que posee en reserva o museo Castrelos.

Castrelos oculto é unha exposición que contén 114 obras que van dende o século XIX ata os nosos días, con gran participación de artistas locales e galegos, que foron recollidas de diferentes entidades como o MARCO, a Universidade ou mesmo a Casa do Concello, ademáis dos fondos do propio Museo Castrelos. O director do museo, José Ballesta, resaltou o traballo de recopilación, que serviu de inventario do enorme fondo artístico do museo, que se achega ás 1.200 obras. Ballesta agarda unha boa acollida desta segunda parte, tendo en conta que a primeira, Castrelos Inédito, foi visitada por case 5.000 persoas.
Descargar todas as imaxes