venres, 8 outubro 2004

MARCO inaugura "O estado das cousas", unha exposición itinerante sobre o tratamento do "obxecto" nas distintas correntes artísticas

venres, 8 out 2004

Coas mostras de artistas tan prestixiosos coma Marcel Duchamp, Andy Warhol ou Richard Hamilton, MARCO acerca aos vigueses unha exposición procedente dos Fondos Rexionais de Arte Contemporáneo francés (FRAC), que consta de 117 obras entre esculturas, pinturas, instalacións e material audiovisual. "O estado das cousas. O obxecto na arte de 1960 aos nosos días" estará en Vigo ata o 9 de xaneiro.

Xunta de Goberno Local

venres, 8 out 2004

Convócase a Xunta de Goberno Local para realizar en sesión ordinaria na súa Sala o día 11 de outubro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.