O Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra asinan un convenio para acometer a primeira fase das obras da antiga casa Rectoral de Alcabre
Corina Porro e Rafael Louzán fixeron un repaso das actuacións conxuntas que o organismo provincial está a acometer na cidade. Ademáis da casa Rectoral de Alcabre, destacaron as obras de asfaltado e pavimentación en 20 rúas da cidade, así como en diversos núcleos rurais cunha inversión de 4 millóns de euros.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán falaron dos diversos convenios que ambos organismos, Deputación e Concello, están a executar na cidade.
Corina Porro agradeceu á Deputación a súa implicación total no desenvolvemento e mellora da cidade, un apoio "sen precentes" con tal intensidade, sinalou. A alcaldesa e mailo presidente da Deputación asinaron tamén o convenio para a primeira fase das obras do edificio da antiga casa Rectoral de Alcabre, un barrio de Vigo que estaba "quedando olvidado", comentaron. Dita actuación supón o derrube, reconstrucción da estructura e control arqueolóxico dunha parte deste edificio de 750 metros cadrados construídos en tres plantas e baixocuberta. O orzamento desta primeira fase e de 180.300 euros e posteriormente acometerase a segunda fase cifrada en 453.616 euros. O edificio estará destinado a actividades socioculturais, incluindo un aula de informática e outra de usos múltiples.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou a inversión da entidade no asfaltado de diversas zonas de Vigo, cunha inversión de 4 millóns de euros, 2 deles destinados ao casco urbano. Neste aspecto destacou as actuacións en 20 rúas, 14 delas xa executadas e 6 por acometer. Destacou asimesmo a pavimentación da praza de España, realizada en horario nocturno para non interferir no tráfico da zona. A alcaldesa incidiu tamén no asfaltado dalgúns núcleos rurais cuia necesidade era demandada asiduamente polos veciños, que están xa acometidas ou en fase de execución.
A Deputación investiu en obras de infraestructura no Concello de Vigo máis de 6,5 millóns de euros. As inversións realizadas en estradas da área metropolitana foi de 3.187.859 euros, en traballos en rúas da cidade 2.774.718 euros e en pistas municipais 635.500 euros.
Descargar todas as imaxes