A alcaldesa inaugura este sábado a nova sede da Asociación de Veciños "Fonte do Galo"
Sita na pranta baixa do edificio 41-Z da rúa Rosalía de Castro, o local conta con 201,70 metros cadrados construídos e cunha terraza de 420 metros. A cesión deste local foi aprobada no Pleno do Concello e será cedida de balde.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, inaugurará o sábado 9 de outubro a nova sede da Asociación de Veciños "Fonte do Galo", sita na rúa Rosalía de Castro. Esta nova infraestructura deriva dun convenio urbanístico aprobado no Pleno do Concello no que se establece a obriga da cesión de balde dun local dedicado á dotación sociocultural a favor do Concello de Vigo.
O local, emprazado na pranta baixa do edificio 41-Z da citada rúa, conta cunha superficie construída de 201,70 metros cadrados e o uso de superficie dunha terraza exterior anexa de 420 metros.
A Asociación de veciños Fonte do Galo, con 482 socios, atópase inscrita no rexistro de entidades do Concello de Vigo dende 1989 e conta cun orzamento para o presente ano de 12.490,40 euros.
A zona de influencia na que se atopa esta infraestructura comunitaria situase nun núcleo de carácter urbano, no entorno dos barrios censais do Areal, García Barbón e Santiago de Vigo, cunha poboación afecta ao mesmo entorno de 11.200 persoas. Fonte do Galo é a única asociación inscrita neste área, polo que a súa funcionalidade é fundamental para a súa eficacia e na achega de novos servicios ao cidadán.