Escoitar

Máis de 11.000 escolares participan na nova campaña de Educación Vial do Concello

A alcaldesa, Corina Porro, presentou unha nova edición da campaña de Educación Vial no CEIP García Barbón. Desde 2001, un total de 37.343 alumnos vigueses de primaria, contando cos 11.159 deste ano, participaron nesta iniciativa municipal que pretende ampliarse tamén aos alumnos de secundaria.

martes, 5 out 2004
Un total de 11.159 escolares de 82 colexios públicos e concertados da cidade participan este ano na Campaña Municipal de Educación Vial que a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, presentou hoxe no CEIP García Barbón. A campaña, que o Concello de Vigo leva a cabo en colaboración con Vitrasa e Caixanova, ten carácter pedagóxico, está impartida por monitores de la policía local e está destinada aos alumnos de educación infantil (4 e 5 anos) e primaria (2º, 4º e 6º).

O obxectivo desta iniciativa, que inclúe clases teóricas e prácticas, é que os mais cativos se podan mover máis seguros pola cidade. No curso explícaselles aos nenos as normas de circulación, cómo deben comportarse cando viaxan en coche ou bicicleta e tamén cando se desplazan a pe polas rúas. A campaña consiste en catro sesións teóricas dunha hora de duración nos centros escolares. Ademais, se completarán cunha sesión práctica de evaluación de coñecementos e destrezas para os alumnos de 6º de Primaria nas instalacións do parque infantil de tráfico do monte do Castro.

Como novedad, este ano os monitores repartirán entre os escolares de ensinanza infantil unha guía didáctica acompañada do seu caderno de exercicios, e os alumnos de 6º de primaria terán un caderno de exercicios tipo test para mellorar os coñecementos teóricos adquiridos. A experiencia está resultando moi gratificante e preténdese ampliar a campaña aos alumnos de secundaria en vindeiros anos.