Luz verde ao proxecto de instalación da nova rede de abastecemento en Roade, Camelias, Lalín, Coutadas e Valvarda
As obras e mailo proxecto, por un valor final de 168.275,36 euros, serán executados pola empresa concesionaria Aqualia e consistirán na sustitución das tuberías de fibrocemento por tuberías de fundición.
Hoxe na Xunta de Goberno tivo lugar a aprobación técnica do proxecto "Instalación da nova rede de abastecemento nas ruas Roade, Camelias, Lalín, Coutadas (Teis) e Valvarda". O obxeto do proxecto é definir e valorar as obras necesarias para a sustitución das actuais tuberías de fibrocemento da rede de distribución de auga potable por tuberías de fundición nas ruas sinaladas.
As obras están incluidas na relación que a empresa concesionaria Aqualia comprometeuse a executar na sesión ordinaria do 6 de outubro de 2003. O presuposto base da licitación ascende a 164.812,90 euros que, sumados aos 3.462,46 euros da redacción do proxecto ascenden a un presuposto final de 168.275,36 euros.