Escoitar

Hoxe tivo lugar a presentación da III Marcha en bicicleta "Coñece Vigo a golpe de pedal", que conta coa colaboración da ONCE e AMFIV

Coa novidade este ano da involucración das fundacións ONCE e AMFIV, hoxe presentouse a III Marcha en bicicleta "Coñece Vigo a golpe de pedal", que terá lugar o 10 de outubro con saída na praza do Rei. O obxetivo é o de aunar o deporte co aire libre e a concienciación da necesidade dunha cidade con espacio para os ciclistas e demáis vehículos sen motor.

venres, 1 out 2004
1096635681bicisc.jpg
Hoxe presentouse en rolda de prensa a III Marcha en bicicleta "Coñece Vigo a golpe de pedal", que terá lugar o 10 de outubro con saída ás 11 horas da mañá dende a praza do Rei. O presidente da Asociación "A golpe de pedal", José Manuel Suárez Márquez, destacou que se trata dunha marcha gratuita e aberta a todo o público, pero rogou a previa inscripción dos participantes para facilitar o control por parte da organización.

Como novidade, este ano colaboran coa organización as fundacións ONCE e AMFIV, con representación na propia carrera a través de 4 ou 5 tandems encabezando a marcha. José Manuel Suárez quiso agradecer esta participación, augurando o comezo dun diálogo coas institucións e organismos para realizar as actuacións pertinentes que melloren a calidade de vida dos cidadáns.

A organización ó completo abogou por un urbanismo e unhas calles adaptadas aos cidadáns, non só para os coches, sino tamén para peatóns, sillas de rodas ou bicicletas como medio de transporte.

No referente á carreira, o percorrido comeza na praza do Rei e remata na praza do Berbés, despois de chegar ata Samil e regresar por Bouzas. Ó finalizar, entregaranse os premios á bici máis divertida e orixinal, ó participante de menor idade, ó máis veterano, á familia máis numerosa, ó participante que veña de máis lonxe e á bici máis antiga.
Descargar todas as imaxes