Os edificios máis emblemáticos da cidade cubriranse de luz e colorido da man do proxecto "Ilumina Vigo"
A alcaldesa, Corina Porro, e mailo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xesús Pérez Varela, presentaron o xoves o proxecto "Ilumina". Unha clara aposta polo patrimonio da cidade que a concellería que preside Lucía Molares porá en marcha o vindeiro mes de outubro coa iluminación dinámica de edificios coma a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura, a Biblioteca Central e a Ponte de López de Neira.
A alcaldesa, Corina Porro, anunciaba o xoves, en rolda de prensa, a preocupación latente dende o Goberno Municipal por "acabar cun Vigo cutre e camiñar hacia unha cidade máis humanizada". Unha premisa que dende a Corporación Local materialízase no proxecto "Vigo 2005".
"Ilumina Vigo" é parte deste desexo municipal. Un proxecto de iluminación artística dos edificios máis singulares da cidade, que permitirá disfrutar do patrimonio local gracias á recuperación dos espacios urbanos.
O proxecto, financiado íntegramente pola consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que dirixe Xesús Pérez Varela, porase en marcha o vindeiro mes de outubro baixo un investimento de 185.000 euros.
Na súa primeira fase vestirá de gala a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura, a Biblioteca Central e a Ponte de López de Neira, que mudarán o seu aspecto para dar paso a unha iluminación dinámica vestida de diferentes tonalidades.
Así, e por primeira vez en España, utilizarase a cor e o movemento para resaltar patrimoio turístico e cultural dunha cidade. Os edificios elixidos estarán unidos en rede, de forma que se programará a iluminación de todos de forma conxunta, prevendo secuencias comúns e iluminacións distintas dependendo do evento que se celebre ou da época do ano. "Unha actuación fundamental para dar vida a este proxecto de Vigo 2005", segundo a alcaldesa, "que lle dará á Vigo a relevancia que se merece".
A primeira fase do proxecto verase complementada, previsiblemente, por unha segunda intervención nos edificios da Escola de Artes e Oficios e no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Unha actuación para a que López Varela amosou o seu compromiso, "co fin de consolidar a Vigo coma referente do turismo urbán no entorno das Rías Baixas e en Galicia en xeral".
A partir da inauguración da iluminación artística, o departamento que dirixe a edil Lucía Molares, porá en marcha un programa de rutas turísticas nocturnas, que baixo o nome de "As rutas da luz", fará que os visitantes e os propios cidadáns, poidan apreciar o patrimonio histórico e monumental dende outra perspectiva, facendo a cidade máis habitable.
Outras actuacións
O conselleiro aproveitou a ocasión para facer un repaso polas diversas actuacións levadas a cabo polo seu departamento na cidade olívica. A musealización das salinas da rúa Rosalía de Castro, a aportación anual ao MARCO, as axudas ao Festival de Música Are More, as subvencións para establecementos hosteleiros, as becas para oficinas de turismo, a creación dun Aula Multimedia, o Proxecto Torganet de fibra óptica ou o fomento do eido audiovisual, son algunhas delas. "Pequenas cousas que farán de Vigo unha grande cidade", segundo Pérez Varela.
Descargar todas as imaxes