Escoitar

Aberto o prazo de inscrición para participar nos seminarios de ideas empresariais en Vigo

A Mancomunidade de Vigo, xunto co Igape e BIC Galicia, organizan no mes de outubro tres seminarios orientados cara o mundo empresarial e a creación de empresas. Xeración de ideas, Difusión de ideas empresariais e Planificación empresarial son os tres cursos de carácter gratuito que se imparten.

mércores, 29 set 2004
Dentro das actividades habituais de apoio ó autoemprego, a Mancomunidade de Vigo a través do Servicio de Asesoramento a Emprendedores (SAE) colabora co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e BIC GALICIA na organización de varias actividades de formación para os emprendedores da área de Vigo, en materia de creación de empresas.

Neste marco, o próximo mes de outubro, desenvolveranse en Vigo, nos locais da Entidade Local Menor de Bembrive e en colaboración con esta entidade local, varios seminarios dirixidos a todas aquelas persoas interesadas en convertirse en futuros empresarios ou que simplemente teñan inquietudes relacionadas co mundo da empresa.

O primeiro deles, que terá lugar o día 5 de outubro en horario de tarde, é un Seminario de difusión de ideas empresariais e ten como fin difundir como se xeran as ideas empresariais, así como que as personas que asistan poidan ver, con exemplos reais, de dónde sacan outros empresarios as súas ideas de negocio, donde acertaron para ter éxito ou donde fallaron; mostrando a través das vivencias personais doutros emprendedores que calquera persoa pode poñer en marcha un proxecto empresarial.

Igualmente, desenvolverase a partir do día 7 de setembro un Seminario de xeración e maduración de ideas que ten como obxectivo principal que os asistentes poidan xerar, madurar e avaliar unha idea de negocio. Ten unha duración de 3 días (tamén en horario de tarde) e os asistentes poderán, se non teñen aínda unha idea moi desenvolvida, ver posibilidades e fontes de ideas, ir enriquecendo a idea e engadíndolle melloras.

O último dos seminarios comenzará a finais de outubro e será un Seminario de planificación empresarial, que está dirixido a todas aquelas persoas que teñan un proxecto empresarial e queiran estudiar a súa viabilidade e, ó mesmo tempo, adquirir coñecementos básicos da xestión económico-financieira dunha empresa.

A asistencia a todos os seminarios é gratuita e as persoas interesadas poderán reservar praza no teléfono 986.423366, ou dirixíndose ás oficinas da Mancomunidade de Vigo (Hispanidade, 17) e da Entidade Local Menor de Bembrive para solicitar máis información.