Inauguración do curso 2004/2005 na Escola Municipal de Música de Vigo
O xoves 30 de setembro ás 17.00 horas terá lugar o acto inaugural do curso 2004/2005 da Escola que dirixe Óscar Davila Marño, onde se agarda a presencia do concelleiro de Educación, Ignacio López Chaves Castro.
A Escola Municipal de Música de Vigo inaugurouse o 22 de setembro de 1997 coa finalidade xeral de ofrecer unha formación práctica en música, dirixida a afecionados, sen prexuizo da súa función de orientación a estudios profesionais para aqueles que teñan unha especial vocación e actitude.
A Escola abarca os seguintes niveis de ensino:
- Música e movemento ( de 4 a 7 anos)
- Plan Xeral de Estudios (de 8 a 15 anos)
- Plan de estudios para adultos ( de 16 en adiante)
Imparte tres bloques de materias: Práctica Instrumental con 11 especialidades: violín, viola, violonchelo, trompa, trompeta, trombón, frauta, clarinete, saxofón, piano e guitarra, Formación complementaria e actividades de conxunto. E tres niveis de ensino: básico, medio e avanzado.
No curso 2004/2005 rematan a súa formación a primeira promoción de alumnos que ingresaron na materia de práctica instrumental no curso 1997/1998. Desta forma complétase todos os niveis de ensino do Proxecto curricular de Centro.
No acto de inauguración presentaranse as novidades máis singulares da programación da Escola para o curso 2004/2005.