Escoitar

O pavillón de As Travesas acollerá o venres e o sábado o XXI Cidade de Vigo de Hockey sobre Patíns

No torneo, presentado en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, participarán o campión e subcampión da Liga Europea de Clubes, que medirán as súas forzas fronte ao actual campión da Copa de España, o H.C. Liceo, e o G. Atlántico Vigo Stick. O precio do abono para as dúas xornadas será de 6 euros, e de 4 e 5 euros respectivamente se se mercan de forma individual.

mércores, 29 set 2004
1096458262vigostick.jpg
O pavillón de As Travesas acollerá o venres e o sábado un dos torneos de referencia a nivel internacional de hockey sobre patíns. Toda unha competición por eliminatorias concebida para a promoción e divulgación desta disciplina que cada vez conta con máis adeptos.

O torneo constará de dúas xornadas. O venres, os afecionados poderán disfrutar de dúas semifinais fortes que enfrontarán ao F.C. Barcelona e o Oporto ás 20.00 horas, para dar paso hora e media máis tarde ao partido entre o conxunto do H.C. Liceo, actual campión da Copa de España, fronte aos locais do G. Atlántico Vigo Stick. Os eliminados na primeira xornada loitarán o sábado ás 20.00 horas polo terceiro e carto posto mentras que ás 21.30 horas terá lugar a gran final. Tralos encontros, entregaranse os trofeos e ás 23.30 horas pecharase o torneo cunha cea de clausura.

Para o presidente do comité organizador, Julio Saez, "temos que darlle ao Cidade de Vigo a importancia que se merece, xa que despois de 21 anos conseguiuse que o Vigo Stick sexa a ilusión da cidade". E todo sen desmerecer ao rival directo dos vigueses, o H.C. Liceo, considerado dende o clube vigués coma "un equipo de casa".

Para os que desexen asistir ao torneo porase á venda un abono para as dúas xornadas por un prezo de seis euros (4 e 5 euros para cada xornada individualmente).

Calendario
Venres, día 1 de outubro:
- 9.30-12.30 horas: Entrenos: proba de pista.
- 13.00 horas: Recepción oficial Concello de Vigo
- 20.00 horas: F.C. Barcelona-F.C. Oporto
- 21.30 horas: H.C. Liceo-G. Atlántico Vigo Stick

Sábado, día 2 de outubro:
- 11.00 horas: Xira marítima pola Ría de Vigo
- 13.45 horas: Xantar oficial
- 20.00 horas: Postos 3º e 4º (perdedores 1ª xornada)
- 21.30 horas: Final 1º e 2º (gañadores 2ª xornada)
- 23.00 horas: Entrega de trofeos e clausura
- 23.30 horas: Cena de clausura
Descargar todas as imaxes