Escoitar

Concello de Vigo e Aqualia asinan o convenio para a execución de obras de abastecemento e saneamento de auga por un importe superior aos 5 millóns de euros

A alcaldesa e o director xerente de Aqualia asinaron un convenio que inclúe, entre outros, o proxecto de ampliación da infraestructura de saneamento de Zamáns e a automatización do colector de marxe de ría. A empresa concesionaria otórgase un prazo de 18 meses para realizar tódalas actuacións previstas.

xoves, 30 set 2004
1096547680aqu.jpeg
A alcaldesa Corina Porro asinou, xunto co director xerente de Aqualia, Xosé Luis García Ibáñez, o convenio para a execución de obras de abastecemento e saneamento de auga na cidade por un importe superior aos 5 millóns de euros. A administración municipal pretende concluir, no menor prazo posible, as obras correspondentes á implantación do servizo de saneamento en todo o termo municipal, así como a mellora das redes de subministración de auga potable, co obxecto de que a totalidade da poboación se beneficie da prestación dun sevizo que ten carácter básico.

As obras, por un importe exacto de 5.293.000 euros, serán financiadas inicialmente pola propia empresa concesionaria e posteriormente recuperadas ao largo do periodo concesional, que remata o 31 de decembro de 2015. En virtude do acordo, a entidade concesionaria Aqualia, comprométese a executar, nun prazo máximo de 18 meses, os seguintes proxectos:

- Completar con novas infraestructuras as redes de saneamento nas parroquias de Cabral, Bembrive, Valladares, Beade e Zamáns. Estas obras consisten tanto na instalación dos colectores xerais como na execución das conexións ás respectivas vivendas. En conxunto ás referidas obras supoñen a instalación de 46 kilómetros de colectores e 951 acometidas de conexión, o que permitirá dotar deste servicio a unhas 4.000 persoas.

- Obras de saneamento do parque de Castrelos co obxetivo de resolver o vertido de augas do Pazo Quiñóns de León e paliar as deficiencias na recollida de augas fluviais, evitando o encharcamento ocasional da avenida de Castrelos.

- Execución das obras de mellora da EDAR de Teis, procurándolle un mantemento que minimice o seu impacto sobre a poboación local.

- É destacable o compromiso de Aqualia na realización de actuacións complementarias na EDAR do Lagares. Ditas inversións coincidirán co proxecto de desorización xa adxudicado pola Xunta.

- Destinarase unha partida orzamentaria á renovación de redes de distribución de auga potable e saneamento que presentan un alto índice de roturas, como nas calles Colombia, Arbo, Fonte Santa, Bouzas e avenida de Castrelos.

A alcaldesa Corina Porro, incidiu en que estas obras que se van acometer ó longo de 2005 dan resposta ás peticións das asociacións vecinais que se encontraban con algún problema no suministro e garantizan unha rede de abastecemento completa para toda a cidade, así como o seu mantemento.
Descargar todas as imaxes