Escoitar

O grupo inmobiliario Vigo Urban será o novo patrocinador do primeiro equipo de baloncesto feminino do Celta polos próximos tres anos

Ao acto acudiu a alcaldesa, Corina Porro, que resaltou a importancia da iniciativa privada no apoio e fomento do deporte local.

venres, 1 out 2004
1096635497basket1c.jpg
Hoxe presentouse, na sala de Xuntas do Concello, o novo patrocinador do primeiro equipo de baloncesto feminino, Real Clube Celta de Vigo, que pasará a chamarse Celta Vigo Urban. O grupo inmobiliario Vigo Urban asinou un contrato de tres anos co clube deportivo.

A alcaldesa Corina Porro agradeceu o apoio da empresa ao clube vigués e resaltou a importancia da implicación do sector privado no fomento do deporte local, animando a otras empresas a involucrarse xa que "apostar pola cidade é apostar polo deporte".

O presidente do Celta Vigo Urban, Francisco Araújo, agradeceu asimesmo a confianza depositada polo patrocinador e destacou que o clube, pese a pasar por apuros económicos en algunhas etapas, garantiza sempre traballo e, co respaldo adecuado, espera acadar títulos como en outras épocas.

Ao acto tamén acudiu o director de marketing de Caixanova, Jorge Santos, que ratificou o apoio da entidade ao deporte base.
1096635497basket1c.jpg
1096635525basketc.jpg
Descargar todas as imaxes