Escoitar

Xunta de Goberno local

A realizar en sesión ordinaria na súa sala o día 4 de outubro de 2004, ás 8 horas en primeira convocatoria e ás 9 horas en segunda convocatoria.

venres, 1 out 2004
ALCALDIA
1.-Indemnización substitutoria a favor e recoñecemento de débeda por importe de 51.789,59 €, a favor de "Merckley, Gabinete de Comunicación y Arte, S.L." por gastos de publicidade institucional.

BENESTAR SOCIAL
2.-Prestación do Servizo de Axuda no Fogar, alta exptes. 5, 15.053.192.

3.-Dar conta da constitución da Comisión técnica municipal do Arquivo Pacheco, para a súa dinamización. Expte.11015/301.

CULTURA
4.-Convenio entre o Concello e a Asociación Cultural Grupo Aletheia para organización dunha xornada de filosofía baixo o título "Filosofía e relixión: encontros no Camiño de Santiago. Expte. 8447/331.

5.-Adxudicación a Canal Uno de Comunicación, S.L., do concurso para a difusión da actividade da Concellería de Cultura durante o ano 2004. Expte. 8379/331.

DEPORTES
6.-Solicitude da asociación "A golpe de pedal" para celebrar a 3ª marcha en bicicleta "Vigo a golpe de pedal". Expte. 4741/333.

7.-Solicitude da Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive para a celebración da carreira popular "XXI Maratón da Amizade". Expte. 4739/333.

8.-Convenio de colaboración deportiva Concello-Centro de Iniciativas Profesionais, S.L. Expte. 4762/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
9.-Solicitude de calificación como ILE (Iniciativa local de emprego) do proxecto empresarial "AMAD, S.L.". Expte. 2704/077.

INTERVENCIÓN
10.-Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina do mes de outubro.

INVESTIMENTOS
11.-Honorarios de dirección da obra de liquidación do proxecto modificado do de "Ampliación de saneamento no rural". Expte. 100402/140.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
12.-Aprobación de convenio co Centro Cultural e Veciñal de Valladares para a celebración do VIII Certame internacional de regueifas. Expte. 385/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
13.-Proxecto de convenio de colaboración entre Federación de A. VV. "Eduardo Chao" e o Concello de Vigo. Expte. 2191/321

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
14.-Prego de condicións para a contratacón da subministración e instalación de fotocopiadoras e impresoras. Expte, 1628/113.

15.-Prego de condicións para a contratación do deseño e producción das carrozas para a Cabalgata de Reis. Expte. 1186/335.

16.-Prego de condicións para a contratación da subministración de duchas para as praias. Expte. 2701/306.

17.-Proposta de desestimación devolución de camiño incluido no Inventario municipal. Expte. 16843/240.

PERSOAL
18.-Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente ós meses de abril e agosto de 2004. Expte. 15267/220.

VIAS E OBRAS
19.-Proxecto de instalación da nova rede de abastecemento nas rúas Roada, Camelias, Lalín, Coutadas e Valvarda. Expte. 41114/250.

XESTIÓN MUNICIPAL
20.-Xustificación de libramentos.

21.-Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día CATRO de OUTUBRO de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. membros da Xunta de Goberno Local para a súa concurrencia puntual ó acto; notifíquese así mesmo á interventora xeral do Concello, Dª. Berta Guarner González, e ó titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local ós voceiros dos grupos políticos da Corporación, e fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.