Escoitar

Xunta de Goberno Local

Convócase a Xunta de Goberno Local para realizar en sesión ordinaria na súa Sala o día 11 de outubro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

venres, 8 out 2004
ASESORÍA XURÍDICA
1.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 264/2004 interposto por AENA contra resolución do Concello de Redondela en relación co IAE 1998-2002. Inadmisible o recurso.

2.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 285/2003 interposto por D. CARLOS PAJARES CAMPOS E OUTROS contra resolución do 1.08.03 en relación con providencias de constrinximento de taxa de lixo domiciliario 1997-2000. Estimada parcialmente.

3.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 161/04 interposto por PELUQUERÍA BELLEZA Y RODA S.L. contra resolución sobre anulación de liquidación da taxa por aproveitamento especial da vía pública. Estimado.

4.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 168/04 interposto por Dª MARIA SOTELO MARTÍNEZ contra resolución do 10.11.03 de inadmisión de reclamación patrimonial. Estimado parcialmente.

5.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 137/04 interposto por Dª FELISA VICENTE ALVAREZ contra desestimación presunta de recurso de reposición en relación coas axudas para a creación de empresas. Estimado parcialmente.

6.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrtivo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 162/04 interposto por D. FERNANDO FONTENLA FORMOSO contra resolución do 12.06.03 en relación con providencias de constrinximento polo imposto de vehículos 1999-2001. Estimado parcialmente.

7.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 73/04 interposto por D. EDUARDO SILVA MARTÍNEZ contra sanción de tráfico (expte 1020728356). Desestimado.

8.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 72/2004 interposto por Dª MANUELA MONTERO SEOANE contra resolución do 29.07.03 desestimatoria de solicitude de exención da taxa de lixo vivendas 1996-2001. Desestimado.

9.- Sentenza do T.S.X.G. no r.c.a. nº 02/4403/01 interposto por D. JESUS ALONSO VILA contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial presentada o 18.01.01. Estimado.

10.- Sentenza do Tribunal Supremo no r.casación para unificación de doutrina nº 5619/00 interposto por Dª Mª BEGOÑA ELOSUA BITERI contra sentenza do TXSG no r.c.a. 2/5729/66 sobre reclamación patrimonial.

11.- Auto do T.S.X.G. no r.c.a. nº 02/5237/02 interposto pola FEDERACIÓN GALEGA DE LA CONSTRUCCIÓN contra resolución desestimatoria de escrito de alegacións presentado en relación coa aprobación do expte. de contratación da urbanización da rúa Progreso. Desestimento.

12.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 4506/2003 interposto por D. LUIS MENDEZ FERNÁNDEZ contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial formulada o 10.09.02. Desestimento.

BENESTAR SOCIAL
13.- Proxecto de convenio marco de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación, Desenvolvemento e Innovación do complexo Hospitalario Universitario Xeral-Cies de Vigo (FICHUVI) para desenvolvemento de programas cara a promoción da saúde. Expte.11008/301.

14.- Proxecto de convenio de cooperación entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para o acondicionamento do edificio Atalaya como centro de día para persoas maiores. Expte. 11014/301.

15.- Prestación do Servizo de Axuda no fogar: alta exptes. 05/0, 16/22598, 16/489.


CULTURA
16.- Cambio dun concerto na programacion do V Festival de Música de Vigo Are-More 2004. Expte. 8462/331.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
17.- Bases para a selección de encargados/as e xefes/as de equipo para o Programa Bial. Expte. 2729/77.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
18.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas e Animación Sociocultural durante o mes de agostod e 2004. Expte. 1213/335.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
19.- Expediente de queixa de D. Cándido Pena Pérez debido ás molestias ocasionadas polo funcionamento dunha discoteca. Aceptación da recomendación do Valedor do Pobo. Expte. 490/321.

20.- Acta de recepción definitiva da obra de rehabilitación do edificio de Servizos do Centro Cívico de Teis. Expte. 1426/320.

21.- Proxecto de execución para a contrucción dunha pista polideportiva aberta e cuberta no Centro Cívico de Teis. Expte. 1941/320.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
22.- Adxudicación do concurso para o mantemento e reparacións urxentes nas instalacións de alumeado público. Expte. 10787/444.

23.- Adxudicación do concurso para a subministración de rodas para o parque móbil. Expte. 2585/445.

24.- Prórroga do servizo de atención ao público nos centros cívicos municipais. Expte. 457/321.

25.- Revisión de prezos do contrato de limpeza na Casa das Palabras-Verbum. Expte. 17068/240.

26.- Devolución de fianzas:
a) Sercoysa S.A. : exptes. 41567/250, 41568/250.
b) Covsa: expte. 47/241.
c) Neumáticos Berbés: expte. 295/241.
d) Groupama P. Ultra: expte. 145/241.
e) Vipacom S.L.: exptes. 369/241, 368/241.
f) Construcciones Crespo S.A.: exptes. 308, 307, 304, 303, 302 e 301/241.


PERSOAL
27.- Oferta de emprego público do ano 2003. Expte. 15283/220.

28.- Dar conta da resolución do concelleiro delegado de Persoal autorizando a xornada reducida á funcionaria Dª Angelica Rodríguez Bertomeu. Expte. 15162/220.

29.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios realizados polo persoal de Benestar Social durante o mes de xullo de 2004. Expte. 10859/301.

30.- Dar conta das resolucións de Alcaldía de adscrición de técnico de administración xeral e administrativa de administración xeral. Expte. 15292/220.

31.- Dar conta das resolucións da Alcaldía sobre gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do servizo de extinción de incendios dos meses de xullo e agosto de 2004. Expte. 15291/220.


SECRETARÍA XERAL
32.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo, Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para a constitución do Consorcio Interadministrativo Casco Vello de Vigo. Expte. 1189/110.

33.- Dar conta da resolución da Alcaldía de 4.10.04 de constitución dunha Comisión Especial de Seguimento que asegure o correcto funcionamento dos servizos públicos municipais que se prestan a través de concesionarias.

VIAS E OBRAS
34.- Expediente de contratación de aluguer de maquinaria con operadores para o Concello de Vigo (servizo de Vías e Obras). Expte. 42263/250.

35.- Proxecto de humanización das rúas do entorno da Praza de Compostela de Vigo. Expte. 42574/250.


XESTIÓN MUNICIPAL
36.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.8/2004.

37.- Rogos e preguntas.