Escoitar

Corina Porro asistiu ao acto inaugural do curso 2004-05 da Escola Universitaria de maxisterio San Pablo-CEU de Vigo

Na súa intervención no acto, a alcaldesa resaltou a importancia da etapa universitaria na consecución de valores e na definición do carácter e lembroulles aos alumnos a súa grande responsabilidade pola dobre función de ensinar e educar que terán que desempeñar no futuro.

venres, 8 out 2004
A alcaldesa, Corina Porro, asistiu hoxe ao acto de inauguración do curso académico 2004-2005 da Escola Universitaria de Maxisterio San Pablo-CEU de Vigo. No seu discurso de benvida, a alcaldesa destacou ante os alumnos a importancia deste novo período de desenvolvemento da vocación na construcción do carácter e o conxunto de valores que aplicarán nas súas vidas os futuros adultos.

A alcaldesa recordou a importante e dobre responsabilidade que terán os alumnos de ensinar e educar, anque sinalando que esta última función corresponde á totalidade da sociedade, comezando pola familia. "O que debemos garantir –continuou a alcaldesa- é que os xóvenes rematen o ciclo docente máis e mellor ensinados".

Para Corina Porro a ensinanza require un marco estable e sólido, válido para toda a sociedade, respectuoso co modelo constitucional e que conte cun plan de estudios racional. "O máis importante para aprender a ensinar -dixo a alcaldesa- é a confianza, nun mesmo e no valor dos demais".

Por último, Corina Porro felicitou aos alumnos pola boa elección do centro, adscrito á Universidade de Vigo, que lles proporcionará "unha formación de primeiro nivel" para enfrontarse aos desafíos educativos da sociedade do século XXI.