MARCO inaugura "O estado das cousas", unha exposición itinerante sobre o tratamento do "obxecto" nas distintas correntes artísticas
Coas mostras de artistas tan prestixiosos coma Marcel Duchamp, Andy Warhol ou Richard Hamilton, MARCO acerca aos vigueses unha exposición procedente dos Fondos Rexionais de Arte Contemporáneo francés (FRAC), que consta de 117 obras entre esculturas, pinturas, instalacións e material audiovisual. "O estado das cousas. O obxecto na arte de 1960 aos nosos días" estará en Vigo ata o 9 de xaneiro.
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) aloxará, dende hoxe e co patrocinio do Xacobeo, a exposición O Estado das Cousas. O obxecto na arte de 1960 aos nosos días. Esta é unha coproducción do MARCO e do Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria, o ARTIUM, que recuperan unha mostra de 117 obras procedentes das coleccións dos Fondos Rexionais de Arte Contemporáneo francés (FRAC).
A través dunha selección destes fondos, a mostra presenta un percorrido pola evolución da arte contemporánea internacional dende principios dos anos sesenta –momento en que se produce a integración do obxecto cotiá como parte do discurso artístico- ata os nosos días. Deste xeito, preséntase e analízase a categoría do "obxecto" na arte en tódalas súas formas e estados a través das diferentes correntes do arte.
Na versión de MARCO e ARTIUM, o proxecto orixinal verase enriquecido coa inclusión de Juan Muñoz e Joan Brossa, dous artistas españois recentemente falecidos e ben representados nas coleccións dos FRAC, aos que se lles adican sendas salas dada a importancia das súas traxectorias e a presentación diametralmente oposta no tratamento do obxecto.
A mostra, que permanecerá no MARCO ata o 9 de xaneiro e posteriormente trasladarase a Vitoria, está formada por 117 pezas, na súa maioría esculturas, pero tamén consta de pinturas, instalacións, obxectos, fotografías e videoproxeccións. MARCO e ARTIUM editarán un catálogo trilingüe en castelán, francés e galego/euskera, cun texto de Eléonore Jacquiau Chamska, ademais de fotografías, fichas técnicas e descricións das obras expostas, e información sobre os FRAC.
A posta en marcha dos 24 Fondos Rexionais de Arte Contemporánea, creados en 1983 por iniciativa conxunta do Ministerio de Cultura de Francia e dos Gobernos Rexionais, foi unha das propostas culturais máis orixinais e mellor resoltas das que se veñen realizando en Europa. Os seus obxectivos fundacionais foron principalmente dous: a instauración dunha rede de centros de difusión e apoio á creación contemporánea por medio da adquisición e axuda á producción de obras de arte, e o apuntalamento dunha política real de descentralización cultural.
A mostra de MARCO inclúe obras de artistas tan prestixiosos como o desconcertante e xenial Marcel Duchamp, que abre a exposición coa súa Boîte en Valise, ou os representantes do Pop Art, Andy Warhol e o británico Richard Hamilton.
Como complemento da exposición, e co fin de facilitar a comprensión e o disfrute das obras que compoñen a mostra, o programa educativo do MARCO durante o vindeiro trimestre céntrase na análise do obxecto na arte contemporánea. Isto aplícase tanto ao programa para escolares (visitas e obradoiros) coma ao "Curso avanzado de arte contemporánea para adultos", que no seu primeiro ciclo temático toma prestado o título da exposición para afondar na análise do obxecto na arte contemporánea.