Presentación do libro "Os nenos de San Francisco" en Verbum

martes, 29 abr 2003

A presentación do libro "Os nenos de San Francisco", do fotógrafo Ricard Terré, o mércores 30 de abril ás 20:00 horas inaugura a axenda de actos en Verbum-Casa das Palabras. A iniciativa insírese na concepción do museo como un espacio aberto á participación e ao debate das máis diversas propostas e colectivos. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, acompañado do autor, percorrerá a obra dedicada aos meniños que asisten ao Centro de Educación Especial San Francisco.

Baile español e tendencias contemporáneas na celebración do Día Internacional da Danza

xoves, 24 abr 2003

As actuacións do Ballet Español de Murcia e da Bojnami Danza conmemoran, por primeira vez na cidade, o Día Internacional da Danza. Unha mesa redonda completa o programa de actos, organizados polo Concello en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Danza, o 29 e 30 de abril no Auditorio Municipal. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou a iniciativa como un primeiro paso cara á integración da danza na oferta cultural de calidade en Vigo.

Saramago formará parte do comité de expertos do Verbum

xoves, 24 abr 2003

O concelleiro de Cultura subliñou o compromiso do Nobel de Literatura José Saramago de formar parte do comité de expertos do museo. Xunto a Saramago, figuran como asesores de Verbum os escritores Francisco Fernández del Riego, Víctor Freixanes e Rosa Regás, mailos xornalistas Manuel Toharia, Xosé Cermeño e Carlos Luis Rodríguez.

Programa do acto do inauguración de Verbum Casa das Palabras

mércores, 23 abr 2003

O "comité de expertos" do Verbum Casa das Palabras celebrará a súa primeira reunión o venres 25 a partir das 10:00 na sede do museo en Samil. O comité está formado por Francisco Fernández del Riego, Víctor Fernández Freixanes, Manuel Toharia Cortés, Rosa Regás Pagés, Xosé Cermeño Baraja e Carlos Luis Rodríguez. O comité ten como finalidade asistir ó principio do museo sobre a comunicación humana.

Nova etapa de Grial, revista galega de cultura

luns, 14 abr 2003

Víctor Freixanes, director da editorial Galaxia, presentou a nova etapa de revista Grial que cumple corenta anos. Freixanes estivo acompañado por Henrique Monteagudo, con que comparte a dirección, por Francisco Fernández del Riego, Jaime Isla Couto e o polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe.