A Casa das artes organiza excursións de escolares para ver a exposición "Castrelos oculto", con obras do Museo Quiñones de León
As visitas realízanse os martes e os xoves, son guiadas e inclúen obradoiros e actividades para os escolares. O obxectivo é o de aproxima-la arte contemporánea galega aos nenos dun modo dinámico e dialogado.
Dende o pasado 7 de outubro e ata o 11 de novembro, innagurouse na Casa das Artes a exposición "Castrelos oculto", con obras na reserva do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León". O Museo Municipal elaborou un programa didáctico para dita exposición con visitas guiadas e obradoiros con actividades para escolares.
O obxectivo principal do programa é que os nenos coñezan moitas das obras de arte contemporánea galega (fines do século XIX ata os derradeiros anos do século XX ) que forman parte dos fondos do museo e que habitualmente non están expostas.
Actualmente, o devandito programa está a ter moita aceptación e a participación dos centros escolares de Vigo é elevada. As sesiones diarias caracterízanse por:
- O dinamismo da visita.
- A participación dos escolares a través do diálogo e o análisis do que están a ver.
- A afianzación dos conceptos que ofrece a exposición a partir das actividades propostas.
A recepción dos grupos faise os martes e os xoves co seguinte horario:
1º Grupo: De 10,20 h ata as 11,35 h
2º Grupo: De 11:35 h ata as 12,45 h
O Museo quere convidar aos diversos medios de comunicación a visita-la planta baixa da Casa das artes e difundi-la labor educativa que sobre as súas coleccións está a realizar o museo Municipal "Quiñones de León".