O Concello permite o pagamento do IBI sen recargo a partir de marzo de 2005 aos contribuíntes afectados pola ponencia parcial de valores 2003
O concelleiro Javier Guerra accedeu a unha suspensión de cobranza nos recibos ante as dificultades expostas polos veciños ao non ter previsto este pagamento.
Os contribuíntes afectados pola Ponencia Parcial de Valores 2003 –valores catastrais notificados no primeiro trimestre do presente ano 2004- poderán facer fronte ao pagamento no período habitual de cobranza (ata o 2 de novembro) ou ben realizar o pago sen recargo a partir do mes de marzo de 2005, despois de que o Concello notifique de novo os citados recibos no primeiro trimestre do vindeiro ano.
Así o expuso onte o concelleiro de Economía e Facenda, Javier Guerra, á dirección permanente da Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao", durante o transcurso dunha reunión na que os veciños plantexaron ao concelleiro as dificultades que teñen os titulares de fincas que por primeira vez son incluídas no Catastro Urbano neste exercicio 2004.
Ante as dificultades plantexadas polos veciños por non ter previsto o pagamento destes recibos, o concelleiro Javier Guerra accedeu a unha suspensión da cobranza nos recibos de IBI incluídos nesta ponencia parcial en tanto os Servicios Tributarios do Concello e mesmo a Xerencia do Catastro atenden as reclamacións e incidencias que se están plantexando.
Este aprazamento do pago do IBI en ningún caso implica o pago fraccionado, unha opción descartada polos servicios municipais.