Escoitar

A biblioteca Central de Vigo pon en marcha a súa nova programación de novembro

Como novidades destacan o obradoiro de escritura para rapaces de máis de 11 anos e a visita, o xoves 11 de Cándido Pazó.

mércores, 27 out 2004
O mes de novembro presenta algunhas novidades na biblioteca Central respecto ao mes anterior. Os luns haberá un obradoiro de escritura dende as 11 horas para rapaces de máis de 11 anos. Os colexios interesados deberán chamar á biblioteca (Tfno. 986-229074) para concertar a data.

Martes, mércores e xoves, entre as 10 e as 12 da mañá, seguirán sendo os días das visitas escolares guiadas, coa particularidade de que a cota de reservas para este mes de novembro está xa completo.

Os mércores haberá ademais Cursos de formación para usuarios de bibliotecas e visitas guiadas, ademais do club de lectura (entre as 17 e as 18 horas), este mes coa obra de Robert Graves, "Yo, Claudio". As 18 horas na Sala de conferencias e ata completar o aforo haberá Cineclube: "Toliños polo cinema", co seguinte programa:

Día 3 "Nosferatu", de Murnau.
Día 10 "Cuentos de Tokio", de Yanujiro Ozu.
Día 17 "Fort Apache", de John Ford.
Día 24 "Desayuno con diamantes", de Blake Edwards.

Os xoves e os venres comezará o programa Inglés na biblioteca, con inscrición previa e prazas limitadas. Ás 17 horas comezará a sesión para adultos, con Conversación e grupos de debate sobre temas de actualidade os xoves e Taller literario os venres. Ás 18,30 comeza a sesión para nenos, con Contos en inglés para nenos de 4 a 6 anos os xoves e Contos e xogos para nenos de 7 a 10 anos os venres. O xoves 11 a partir das 20 horas Cándido Pazó visitará a biblioteca.

A actividade "Os sábados conto" continuará durante o mes de novembro, a partir das 11 horas na biblioteca infantil, co seguinte programa:

Día 6 Celebración do Samaín (Para toda a familia).
Día 13 Celebración do Samaín (Para toda la familia).
Día 20 Contos de medo.
Día 27 Recital de poesía e música para nenos a cargo da "Asociación Cultural Arcade sonos" a partir das 11,30 horas.