O venres celébrase o "Día sen xogos de azar", unha iniciativa da Federación española de Juegos de Azar<br /> <br />
As asociacións de xogadores rehabilitados realizarán diversas campañas informativas e preventivas dos perigos do xogo en tódalas provincias españolas e a FEJAR presentará un documento reivindicativo ao Goberno.
Con motivo da celebración do "29 de outubro, Día Sen Xogo de Azar" a Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados ( F.E.J.A.R. ) xunto con tódalas asociacións e Federacións membros da mesma, desenrolarán actividades para informar, á poboación en xeral, sobre os efectos nocivos que o xogo de azar e virtual está producindo na poboación española.
Dende o día 25 de outubro, as asociacións realizarán distintas actividades en tódalas provincias españolas; instalación de mesas informativas, pegadas de carteis e actividades lúdicas dirixidas a menores, onde repartirase diverso material informativo e divulgativo.
Ademais do carácter informativo destas xornadas o FEJAR tamén quere facer as seguintes reivindicacións ao Goberno da nación:
1- Que paralice a posta en marcha das novas modalidades de xogo autorizadas á ONCE
2- Que se realice, o antes posible, o estudio sobre a prevalencia do xogo patolóxico no noso país, aprobado na Comisión de Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de novembro de 2002, do Congreso dos Deputados.
3- Que faga cumprir o Real Decreto 444/1977 e no se vendan loterías, boletos, etc nos despachos de Loterías e Apostas do Estado aos menores de 18 anos.
4- Que o colectivo de xogadores patolóxicos sexa incluído na convocatoria de subvencións do I.R.P.F.
5- O recoñecemento do Xogo Patolóxico como enfermidade.