Escoitar

A Casa da Xuventude expón unha mostra de traballos manuais feitos por nenos con materiais reciclados

A mostra poderá verse ata o 5 de novembro na ludoteca da Casa da Xuventude en horario de luns a venres en horarios de 10 a 14 e de 17 a 21 horas.

xoves, 28 out 2004
1098971085ludoteca.jpg
A Ludoteca da Casa da Xuventude expón, dende o pasado día 26, unha mostra
de traballos realizados polos nenos e nenas que acuden alí a pasar as tardes do inverno. A mostra estará exposta ata o próximo 5 de novembro na Sala de Exposicións
da Casa da Xuventude. Con obras realizadas por rapazas e rapaces dende sete a doce anos se pode contruir un mundo de artiluxios útiles e máis que arranxados de prezo, xa que os materiais empregados son de refugallo, e aquí non se tira con nada: cartóns, papeis, envases, plásticos...todo vale para ser transformado nesta fábrica improvisada onde a imaxinación das mans creadoras conta moito.

Poderemos ver marcos de fotos, pezas de material escolar como lapiceiros ou estuches, colares e outras xoias realizadas con barro, maracas e outros instrumentos, decorados de festas e actividades e todo tipo de traballos realizados coas mans. Os traballos poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31.
Descargar todas as imaxes