Xesús Palmou presentou o anteproxecto para a creación da primeira área metropolitana de Galicia en Vigo
O texto será remitido aos concellos, á Deputación e á Delegación do Goberno como paso previo á súa aprobación polo Consello da Xunta.
O anteproxecto de Lei para a Creación da Área Metropolitana de Vigo que hoxe lle presentou o conselleiro Xesús Palmou ós alcaldes de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo é o primeiro no que se vai regular unha entidade local de carácter supramunicipal na que as vinculacións sociais, económicas e mesmo xeográficas dos seus núcleos de poboación fan necesaria a planificación conxunta de determinados servicios e obras.
O proxecto supón unha auténtica novidade na nosa Comunidade Autonóma, onde non conta con precedentes, e incluso a nivel estatal, xa que que só existen antecedentes en Cataluña e Valencia pero, no primeiro caso xa non están vixentes e no outro o ámbito operativo é moito máis reducido que o que se regula na Área de Vigo.
Participación activa
O texto legal, promovido polo Goberno galego, contou desde un principio para a súa redacción coa participación activa dos municipios que conforman a Mancomunidade de Vigo e cos de Cangas e Moaña que, aínda que non forman parte da mesma, se uniron tamén o proxecto.
Os pasos para a creación da primeira Área Metropolitana de Galicia completaranse co envío do documento presentado hoxe á Deputación Provincial de Pontevedra, á Delegación do Goberno e ós concellos implicados. Unha vez superado este trámite, o documento será remitido ó Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación e posterior envío ó Parlamento de Galicia para a súa tramitación.
O texto presentado hoxe por Palmou foi elaborado logo de múltiples reunións cos representantes políticos e técnicos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo que, xunto cos concellos de Cangas e Moaña, representa a base territorial sobre a que se constituirá a futura Área Metropolitana. No documento establécese ó ámbito territorial, as competencias, as potestades, o goberno, a organización e a facenda da futura Área.
Deste xeito, segundo se recolle no documento presentado hoxe por Xesús Palmou, a capitalidade da Área recaerá no concello de Vigo e o seu ámbito territorial, que abranguerá inicialmente ós concellos que hoxe estiveron presentes na xuntanza, poderá ser modificado, a instancia dos interesados, tanto no referente ó ingreso de novos concellos como ó abandono de algún.
Ámbito de competencias
A Área Metropolitana de Vigo ostentará as competencias de planificación, coordinación e xestión supramunicipal sobre o abastecemento e saneamento da auga, as materias relacionadas cos residuos e puntos limpos, a promoción económica e do emprego, o turismo, o transporte, a ordenación urbanística e a planificación de estructuras viarias. Este ámbito competencial poderá ser ampliado a outras materias e servicios comprendidos no obxecto da Área.
No tocante á xestión da auga, a Área Metropolitana intervirá na planificación hidrolóxica puidendo chegar, se así o acordara o Consello Metropolitano, a xestionar o ciclo completo da auga tendo competencias en materia de auga potable, residuais e pluviais.
En materia de xestión de residuos, a Área intervirá na planificación do transporte, tratamento e aproveitamento de residuos urbanos e así mesmo planificará a instalación de puntos limpios. No suposto de que o Consello Metropolitano así o acordara, a Área xestionará a recollida, transporte, tratamento e aproveitamento de todo tipo de residuos urbanos.
No tocante ó turismo e á promoción económica e do emprego, a entidade supramunicipal terá competencia para planificar e xestionar programas e proxectos que redunden no desenvolvemento socioeconómico de tódolos concellos incluídos na Área.
En materia de transporte, será competencia da Área Metropolitana a ordenación, xestión, planificación, inspección e sanción do servicio público de transporte regular terrestre urbano e interurbano de viaxeiros que se desenvolva integramente no seu ámbito territorial, así como o transporte marítimo con orixe e destino no mesmo territorio.
Facenda
A Facenda da Área Metropolitana nutrirase dos ingresos procedentes das contribucións dos municipios integrados na mesma que consisitrán nunha cantidade fixa por habitante igual para cada concello. Para este fin, os concellos consignarán as cantidades precisas para atende-las devanditas contribucións.
Ademais, a Área contará tamén cos recursos procedentes do Imposto de Bens Inmobles, das contribucións, subvencións e aportacións realizadas por outras administracións públicas, dos canons pola utilización de bens públicos, das contribucións especiais, do producto das operacións de crédito, das doazóns de entidades particulares e dos ingresos procedentes das sancións que a Área poidera impoñer no eido das súas competencias.
O novo texto legal considera tamén a posibilidade de que a Área Metropolitana reciba transferencias procedentes dos orzamentos doutras administracións.
A organización da Área Metropolitana estructurarase nos seguintes órganos: Consello Metropolitano, Presidente e vicepresidentes, Xunta de Goberno, Director xeral, Delegado da Xunta de Galicia na Área e Comité de Cooperación. O Consello, A Xunta de Goberno e o Presidente terán a consideración de órganos de goberno.
O Consello Metropolitano é o órgano superior de goberno e administración e estará constituído polos representantes asignados por cada concello atendendo a criterios de proporcionalidade, formando parte sempre parte do mesmo o alcalde de cada concello.